Pregón municipal
José Antonio Varela Doval, secretario accidental do Concello de Abegondo (A Coruña)
NOTIFÍCOLLE que por acordo da Xunta de Goberno Local de data 11 de agosto de 2010, adoptouse o seguinte acordo:
SEGUNDO.- ADXUDICACION DEFINITIVA DO SERVIZO DE TRANSPORTE INTRAMUNICIPAL, DO CONCELLO DE ABEGONDO
Resultando que pola Xunta de Goberno Local de 15 de xullo de 2010 adxudicouse provisionalmente o servizo de transporte intramunicipal do Concello de Abegondo, outorgando ao contratista o prazo de quince días hábiles para a presentación dos certificados de estar ao corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social así como depositar a garantía definitiva.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado e presentados polo contratista os documentos requiridos, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional acordada.
De acordo coa proposta da alcaldía os membros da Xunta de Goberno Local por unanimidade acordan:
Primeiro.- Elevar a definitiva, con todos o seus pronunciamentos, o acordo da Xunta de Goberno Local de data 15 de xullo de 2010, polo que se acordaba a adxudicación provisional do servizo de transporte intramunicipal do Concello de Abegondo.
Segundo.- Notificar este acordo a todos os licitadores establecendo, para o contratista, o prazo de dez días hábiles dende o día seguinte á recepción desta notificación para a formalización do contrato.
Terceiro.- Facultase ao alcalde para a firma e formalización do contrato o cal sera en documento administrativo, nos termos establecidos na LCSP.
Cuarto.- Publicar este acordo no modo previsto no artigo 138 da LCSP.
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá vostede interpoñer, directamente un recurso contencioso-administrativo, segunda Lei 29/98 de 13 de xullo de xurisdición contencioso administrativa, durante o prazo de dous meses, que contan a partir do día seguinte á notificación do presente escrito. Igualmente con carácter potestativo, poderá interpoñer, ante o mesmo órgano que ditou este acto, un recurso administrativo de reposición no prazo dun mes, que contan a partir do día seguinte a esta notificación, conforme ó disposto nos art 116 e 117 da lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen poder simultanear ambas.
Abegondo 19 de agosto de 2010
A secretario accidental asdo. José Antonio Varela Doval
Autocares Antonio Vázquez S.A.
Avda. Finisterre 337
15008 A Coruña
Autocares Antonio Vázquez S.A.
Avda. Finisterre 337
15008 A Coruña