Pregón municipal
Abegondo, 25 de agosto 2010.- O sábado as dianas e alboradas marcarán o inicio das festas de Abegondo en honra a San Andrés, ás 13:30 horas oficiarase unha misa solemne,na igrexa parroquial, que contará coa participación do Coro da Terceira Idade de Abegondo, a continuación haberá unha sesión de fogos de artificio. A verbena estará a cargo da orquestra Nova Xeración.
O domingo a xornada festiva comezará con dianas e alboradas, ás 13:30 horas oficiarase unha misa solemne na igrexa parroquial que contará coa participación do Coro da Terceira Idade de Abegondo, a continuación haberá unha sesión de fogos de artificio. A sesión vermú e a verbena estarán a cargo da orquestra Nova Imperial.
O luns coa celebración da misa solemne darán comezo os actos festivos do día. O luns é ademais o día da Gran Churrascada, que comezará a partir das 19:30 no campo da feira de San Marcos. A verbena de fin de festa estará a cargo das orquestras Manila e Panorama. O campo da festa contará cunha gran carpa.