Pregón municipal
Como remate de actividades culturais e deportivas celebradas durante todo o curso, O Concello de Coirós ten programados dous actos nos que se exhibirán os contidos aprendidos nas mesmas.
Para o venres 18 a partir das 18 horas, a cita será no polideportivo municipal coa clausura das deportivas. Haberá hinchables para os nenos/as e non será ata as 20 horas que comezarán as actuacións de baile moderno, baile de salón, aerobic, ximnasia de mantemento, patinaxe, taekwondo e yoga.
Para o venres 25 a cita será coas actividades culturais, acto no cal se presentarán duas obras de teatro realizadas polo grupo de teatro infantil do Concello. Tamén acutará o coro municipal.