Pregón municipal

Curtis

Cabecera natural

24 Octubre 2009 | Promoción económica

Mañá as setas con fabas e costela van ser o menú degustación da X Festa do Cogomelo de Teixeiro

Conselleiro de Cultura e Turismo vai ler o pregón mañá a partir das 13:15 horas na carpa instalada na praza de España

Dazanove locais de hostalaría das vilas de Curtis e Teixeiro van ofrecer tapas a base de cogomelos

 

Un prato elaborado a base de setas fabas e costela vai ser o menú degustación que van poder saborer as persoas que se achegen mañá a X Festa do Cogomelo de Teixeiro. Nesta edición a xornada micolóxica vai ter de pregoeiro ao conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela. Os actos festivos vanse celebrar unha carpa instalada na Praza España, na vila de Teixeiro do Concello de Curtis.

 

Así, a partir das 12:30 horas o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, vai inaugurar oficialmente a xornada de exaltación dos cogomelos. Para ás 13:15 horas está previsto que o conselleiro de Cultura e Tursimo comeze a lectura do pregón da X Festa do Cogomelo de Teixeiro. De seguido os asistentes ao actos van poder visitar a exposición, que baixo o título, Os cogomelos en outono, vai a achegar información e mostrar exemplares destes curiosos, e en moitos casos sabrosos, produtos que se crían nos montes e serras de Curtis. O xornada vai contar coa actuación da charanga NBA.

 

A xornada dominical dedicada aos cogomelos vai seguir a través da Ruta do Cogomelo, unha iniciativa na que participan 19 dos locais de hostalaría das Vilas de Curtis e Teixeiro, que van ofrecer aos seus clientes unha tapa preparada con setas xunto coa consumición. O Concello de Curtis ven de editar un folleto onde se sinalan os establecementos hostaleiros que participan na Ruta do Cogomelo, a publicación tamén recolle o programa de actos da festa.

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, destaca o fito importante que acada a Festa do Cogomelo de Teixeiro ao ter chegado á súa décima edición. Con estas xornadas, segundo manifestou Caínzos, o Concello pretende contribuír a por en valor un produto de grande valor engadido que se cría nos montes do municipio e que e recoñecido como de gran calidade.

Pranta de envasado

O mundo dos cogomelos interesa a moitas persoas no seu tempo de ocio, pero tamén en un sector económico que crece e que xa leva tempo xerando ingresos a persoas do municipio que se adican a súa recolección. Neste sentido, o alcalde indicou que o goberno local está a traballar desde hai dous anos no proxecto de que se instale unha pranta de envasado de cogomelos no municipio, coa conseguinte creación de riqueza, dixo Caínzos

Saída ao monte

Esta mañá un grupo de aficionados aos fungos saliu a apañar cogomelos polos montes e serras do municipio. A recolección estivo dirixida por un experto micólogo que asesorou aos aficionados sobre as especies comestibles, tóxicas e velenosas que se dan nestas terras. Parte dos exemplares recollidos hoxe vanse expoñer na mostra de cogomelos de mañá, pero a maior parte deles irán a parar ás cociñas dos seus recoletores onde con toda seguridade darán color, sabor e textura a suculentas receitas de cociña. Bo proveito a todos.

 


Volver a las noticias del ayuntamiento     |     notificar abuso

Publicidad
Publicidad