Pregón municipal

Curtis

Cabecera natural

24 Julio 2009 | Promoción económica

O Concello de Curtis destina máis de 4.000 euros en premios na X Festa do Cabalo de Teixeiro

Esta edición vai a acoller o Campionato Galego de Andadura e o X Concurso Morfolóxico para a Copa Galicia

O próximo domingo dous de agosto terá lugar a décima edición da Festa do Cabalo que o Concello de Curtis, que se ven celebrando de maneira anual. O evento está organizado pola Área de promoción económica do Concello de Curtis xunto co Clube Hípico de Teixeiro e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.


A X Festa acollerá diversas actividades, entre elas, o X Concurso Morfolóxico para cabalos de pura raza galega, que vai ter lugar a partir das 10:30 horas e é puntuable para a Copa Galicia. O recinto feiral de tamén vai dar acollida, a partir das 12:15 horas, ao XII Campionato galego de Andadura, puntuable  para o Campionato Galego desta modalidade.

Segundo destacaron os concelleiros Pablo Brañas e José Barral, coordinadores da X Festa do Cabalo, o Concello vai destinar máis de 4.000 euros en premios ademais dos correspondentes trofeos e galardóns. O responsables da organización indicaron que a partir das 18:00 horas terá lugar, no recinto feiral, unha exhibición do Centro Ecuestre e a partir das 17:00 horas do serán unha escola de ponis ofreceralles paseos de balde aos nenos.

Paricipación libre

Unha das novidades introducidas este ano é a celebración dun concurso de participación libre, no que van poder tomar parte cabalos de criadores do municipio e doutros lugares da comarca das Mariñas. Con esta proba, que se vai comezar a partir das 17:30 horas a organización pretende dar entrada ao mundo do cabalo a persoas que se están iniciando nesta disciplina.

As actividades prolongaranse de 10:00  até as 19:30 horas, momento no que se realizará a entrega de premios e galardóns. Para a hora de xantar as persoas que asistan ao evento disporán dunha no propio recinto feiral. Esperase unha importante asistencia tanto de persoas do propio concello como de áreas limítrofes da comarca.

Volver a las noticias del ayuntamiento     |     notificar abuso

Publicidad
Publicidad