Pregón municipal
A praza de España de Teixeiro estaba chea de público este mediodía
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, leu está mañá o pregón da X Festa do Cogomelo de Teixeiro, no concello de Curtis, e dixo que as terras de Curtis recórdalle á Selva de Ésmelle, que recreara Avaro Cunqueiro. Roberto Varela dixo tamén que o pregón de hoxe é o primeiro que da desde que ocupa a súa actual responsabilidade. O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, guiou ao conselleiro pola exposición sobre cogomelos instalada no interior da carpa da Praza de España de Teixeiro, onde se celebraron os actos institucionais desta décima edición desta festa.
Até Teixeiro tamén se desprazarón para asistir á inauguración e a lectura do pregón, o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, o Xefe Territorial da Consellería de Cultura na Coruña, Manuel Varela, membros da corporación do municipio e os alcaldes de Sobrado dos Monxes, Cesuras e un concelleiro de Oza en representación do seu alcalde. Tamén se acercou a Teixeiro o presidente da Asociación de Provincial de Hostelería, Héctor Cañete, esta asociación colabora desde hai anos coa organización da Festa do Cogomelo de Teixeiro.
O redor da unha da tarde a carpa estaba chea de público que escoitou o pregón, visitou a exposición confeccionada con setas, recollidas polo participantes da saída ao monte que tivo lugar onte, e que puideron degustar un prato a base de setas, fabas e costela, polo simbólico prezo dun euro. O remate da degustación o Conselleiro de Cultura firmou no Libro de Ouro do Concello, acto que se celebrou na sala de plenos do Concello.
Ruta dos cogomelos
A xornada vai seguir pola tarde a través da Ruta do Cogomelo, unha iniciativa na que participan 19 locais de hostalaría das vilas de Teixeiro e Curtis, que van ofrecer unha tapa preparada con setas xunto coa consumición. O Concello de Curtis ven de editar un folleto onde se sinalan os establecementos hostaleiros que participan na Ruta do Cogomelo, a publicación tamén recolle o programa de actos da festa.