Pregón municipal

Oza dos Ríos

Auga e vida no camiño

 

Oza dos Ríos

Auga e vida no camiño

O Concello de Oza dos Ríos é un municipio en continuo crecemento. Nel podemos atopar unha valiosa riqueza medioambiental, paisaxística e monumental. Así mesmo, goza de paraxes naturais de incomparable beleza, que non sempre son coñecidas polas persoas que nos visitan. Para intentar evitar esta situación de descoñecemento, dende o Concello quixemos participar deste espazo de comunicación onde puntualmente ofreceremos información sobre as diferentes novas, actividades, funcións dos servizos municipais, lugares de especial atractivo..., que poidan ser de interese para os visitantes en xeral e para a cidadanía do propio municipio en particular

Publicidad
Publicidad