Pregón municipal

Oza dos Ríos

Auga e vida no camiño

24 Octubre 2009 | Departamento de Cultura

ACTUACIÓN DE A CARICIA DA SERPE

A CARICIA DA SERPE presenta o seu novo traballo, “O SORRISO DO DIAÑO”, o sábado  24 de outubro ás 21:00h no Salón de Sesións do Concello de Oza dos Ríos.

 O barco da nosa civilización vai á deriva e precísase dunha nova tripulación para endereitar o rumbo. Blues de Nova Orleáns, pop, rock, reggae, flamenco, referencias a bandas sonoras cinematográficas, cancións populares revisadas e tangos, se o desexan os señores. Esta é a oferta. A poesía como motor dunha maneira de camiñar pola vida. Calor no escenario e paixón poética sen autocensuras. O abismo do delirio ou o delirio da razón, vostedes escollan o calificativo. A música de A Caricia da Serpe é difícil de clasificar. Asistir aos seus concertos en directo é o xeito de poder achegarse ao que queren comunicar. A Caricia da Serpe son Miguel Ladrón de Guevara (guitarra), Rómulo Sanjurjo (acordeón), Xosé Luis Saqués (percusións) e Lino Braxe (textos e voz).

   Doce temas conforman esta nova entrega, coa que cumpren 10 anos de formación. Nela inclúense poemas e cancións escritos por Lino Braxe e musicados por Rómulo Sanjurjo e Miguel Ladrón de Guevara. Con respecto a anteriores traballos, O Sorriso do diaño aposta máis pola música orixinal e ofrece menos versións que noutras ocasións. En canto ós contidos, o grupo tenta achegarse aínda máis ás preocupacións dun mundo que cada vez se lles antolla máis devastado e destruído.

 É un disco de esperanza pragmática. Isto é: a esperanza hai que currala, non vale agardar por ela.

Volver a las noticias del ayuntamiento     |     notificar abuso

Publicidad
Publicidad