Pregón municipal
O domingo 8 de novembro visitaremos o Santuario de San Andrés de Teixido e a vila de Cedeira.
A hora de saída é ás 9.00 h. da parada de Taxis do Castiñeiro.
O prazo de inscrición remata o martes 3 de novembro ás 13:00h. As prazas son limitadas.
Para calquera dúbida ou inscrición falar con Julia (Técnica de Turismo) ou Susana (Técnica de Cultura) no teléfono do Concello (981 79 20 00) de 10:00 a 14:00 h. de luns a venres ou achegarse pola aula de informática Casa do Concello no mesmo horario.